O CSIC leva a Culturgal o seu xogo gratuÃto para móbiles Hi Score Science
venres, 29 de novembro do 2024
O Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC), a través da Unidade de Cultura CientÃfica (UCC) da Delegación Institucional en Galicia, participa unha vez máis no salón Culturgal. Feira das Culturas Galegas, evento que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra (Pazo da Cultura) e que vai camiño da súa XVI edición.
O CSIC volve á feira este ano con dúas propostas, este sábado, 30 de novembro.
Farao por unha banda presentando nos seus detalles o Hi Score Science, xogo gratuÃto de preguntas e respostas sobre ciencia para dispositivos móbiles, iOS e Android - e para PC, Mac- e Linux, cuxo obxectivo é aumentar a cultura cientÃfica dos usuarios dun modo divertido, achegando a ciencia coa que convivimos acotÃo.
O xogo inclúe explicacións divulgativas da realidade cientÃfica que se esconde detrás de cada unha das respostas buscando incentivar a curiosidade dos usuarios pola ciencia. Ademais búscase que os usuarios se sintan partÃcipes do proxecto para o que se anima aos usuarios para colaborar na elaboración do contido cientÃfico do xogo e prémiase por iso.
Grazas ao seu formato innovador en modo xogo, Hi Score Science converteuse xa nunha ferramenta demandada polos profesores que o utilizan como un recurso máis nas súas aulas que lles permite achegarse ao mundo dos adolescentes para aumentar a súa cultura e vocación cientÃfica.
Por outra banda, o CSIC estará na feira coa XI Campaña de Recollida de Dentes do Rato Pérez, iniciativa que parte dun proxecto de investigación para reunir o máximo número de pezas dentais e asà ampliar a colección de referencia do Grupo de AntropoloxÃa Dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). As investigacións que posteriormente se levan a cabo cos dentes están relacionadas coa dentición de especies extintas con interese na taxonomÃa, filoxenia, desenvolvemento e escenario evolutivo.