O CS de Baio acolle o 1 de febreiro unha charla informativa sobre a eAdministración

venres, 27 de xaneiro do 2023 S. P.

O Centro Sociocultural de Baio (concello de Zas) acollerá unha charla informativa sobre o Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía. A actividade, que se celebra o vindeiro 1 de febreiro ás 11.30 horas, será impartida por un equipo da Subdelegación do Goberno. Durante a sesión, á que pode asistir todas aquelas persoas interesadas, analizarase dunha forma práctica as posibilidades e as ferramentas que proporciona a Administración Electrónica.
Na cita asesorarase ao participantes nos procedementos tecnolóxicos para realizar trámites e xestións da maneira máis rápida, cómoda, segura e eficaz.
As persoas asistentes que o precisen poderán obter in situ o seu correspondente certificado electrónico e Cl@ve permanente expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para iso é necesario anotarse previamente a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas no 981 70 83 03.

PUBLICIDADE