O CITIC incorpórase á Asociación Española para a Intelixencia Artificial
mércores, 12 de xuño do 2019
O
Centro
de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) vén de
incorporarse á Asociación Española para a Intelixencia Artificial
(AEPIA). Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro creada en
1983 e formada por socios numerarios e institucionais, que ten o
obxectivo de fomentar o desenvolvemento dos sistemas tecnolóxicos
intelixentes tanto no ámbito español como no Iberoamericano.
Entre
os fins da AEPIA atópase a creación e coordinación de grupos de
traballo, o apoio á transferencia de tecnoloxía, o apoio a
entidades para facilitar a súa innovación e aplicación das
técnicas e aplicacións da Intelixencia Artificial, e proporcionar
un soporte e foro de discusión a investigadores e estudantes nas
súas actividades relacionadas cos sistemas intelixentes.
Segundo
lembra o CITIC a respecto da súa incorporación á entidade, ao
redor da metade dos seus investigadores traballan en proxectos
relacionados coa IA, “polo que é unha disciplina de gran interese
para nós”. O centro coruñés tamén salienta que a presidenta da
AEPIA, Amparo Alonso, é investigadora do CITIC. “A nosa
incorporación á AEPIA”, engade, “suporá unha excelente
oportunidade para a cooperación con diferentes institucións no
ámbito da IA e o fomento da transferencia de resultados á
sociedade”.