O CITIC acollerá a segunda edición do encontro investigador Elas no prelo
luns, 18 de setembro do 2023
O
CITIC
(Centro de Investigación TIC) da UDC acollerá o próximo 22 de
setembro, ás 10.00 horas, o encontro investigador Elas no prelo
II. Mulleres no mundo da edición na Galiza. Nesta
cita, continuando coa liña de investigación iniciada en
2021, farase unha contribución á análise da participación das
mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos
traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado A edición
literaria na Galiza, 1975-2000 (PID2020-119605RB-I00), coordinado
por Carme Fernández Pérez-Sanjulián.
Segundo
explican fontes do centro tecnolóxico da Universidade da Coruña, o
estudo do papel das mulleres nos proxectos editoriais da etapa
comprendida entre o 1975 e o 2000 é un eido “pouco explorado,
dadas as características da industria editorial, aínda que o seu
traballo tivo unha grande relevancia e impacto”. Por isto, tendo en
mente a elaboración dun primeiro catálogo de mulleres con
actividade no sector, con este encontro búscase proxectar ao público
este labor de visibilización do traballo das mulleres editoras e o
seu papel no marco do espazo da industria cultural e do mundo
editorial galego.
Programa
10:15-11:15
h. Presentación do proxecto A edición literaria na Galiza
(1975-2000): avances e primeiros resultados con Carme Fernández
P-Sanjulián (UDC) e Ánxela Lema (UDC/Universitat de Barcelona).
11:30-
13:30 h. Editar libros: tres experiencias en primeira persoa,
moderado por: Iria Sobrino Freire (UDC)
Helena
Pérez – Edicións Xerais
Ana
Guerra – Editorial Obradoiro
Mª
Xesús Gómez – Editorial Rodeira
13:30-15:00
h. Xantar
15:00-17:00
h. Sesión de traballo co equipo de investigación
O equipo do proxecto A edición literaria na Galiza, 1975-2000 está formado por un grupo multidisciplinar de investigadoras/es da UDC: Iria Sobrino, Xosé Ramón Freixeiro, Ánxela Lema, Mª Obdulia Luis, Xoán L. Viñas, Inma Doval, Uxío-Breogán Diéguez e José Antonio Seijas, coordenados pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián (ILLA-UDC).