O CITIC acolle o III Congreso XoveTIC en modalidade en liña

martes, 6 de outubro do 2020 Redacción

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolle o 8 e 9 de outubro a terceira edición do Congreso XoveTIC. Como novidade, esta edición contará con investigadores junior de universidades de toda España e Portugal, que presentarán os seus traballos no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Espérase a presencia de máis dun cento de asistentes, en modalidade completamente en liña. Ademais, o congreso contará con relatores de referencia e talleres impartidos por empresas da contorna empresarial TIC galega.
A diferencia da meirande parte dos congresos que se celebran en España no ámbito das TIC, que reúnen a investigadores senior con anos de experiencia, o XoveTIC potencia a participación de novos investigadores, polo que se trata dunha oportunidade para que aqueles que están comezando a súa carreira investigadora establezan contacto con investigadores procedentes doutras universidades españolas e portuguesas.
A sesión de apertura (xoves 8 de outubro ás 9:00 horas) contará coa participación do conselleiro de Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo.

PUBLICIDADE