O CIM de Padrón achega un novo curso de apoderamento dixital para as mulleres

mércores, 4 de decembro do 2019 Redacción

O Centro de Información á Muller (CIM) de Padrón vén de abrir a inscrición para un obradoiro encamiñado a incrementar o apoderamento tecnolóxico feminino do ámbito local. Trátase do curso Ferramentas para a vida: alfabetización dixital e información dos recursos xurídicos sociais, unha iniciativa programada para o vindeiro martes 10 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas, na aula de informática do Centro Social. A actividade está incluída no Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural.
A participación é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no CIM de Padrón (praza Rodríguez Cobián, 4), chamando ao 611 003 472 ou enviando un correo a cim@padron.gal. O Programa Integral de Mulleres Mudando o Rural está organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, e conta co apoio de Sustinea e da Consellería de Política Social.

PUBLICIDADE