O CETIM investiga as futuras baterÃas de Li-ion para impulsar a mobilidade intelixente
mércores, 13 de xaneiro do 2021
O
pasado 27 de novembro, o Centro Tecnolóxico
CETIM, con sede en Culleredo,
resolvÃa o programa de Misións CTDI, destinado a financiar grandes
iniciativas estratéxicas de I+D empresarial en retos claves para o
futuro de España. AsÃ, o CETIM investigará o uso de materiais
estratéxicos en baterÃas de ion – litio de alta densidade
enerxética para a electromobilidade sustentábel.
O
proxecto LiOn-HD está impulsado
por 8 empresas intensivas en I+D e punteiras nos seus sectores. O
liderado
do proxecto
corresponde ó Grupo Silicio Ferrosolar e participan empresas como
QuÃmica del Nalón, Nanoker, Rimsa, ABCRLabs, Graphenea, Cuantum e
Hi-iberia. Doutra banda colaboran 9 organismos de investigación, dos
que sobresaen o propio CETIM, o CIDETEC e as universidades de A
Coruña, Santiago, Alacante,
a Autónoma de Barcelona, e 3 centros adscritos ao Consello Superior
de Investigacións. O proxecto conta ademais co apoio de empresas e
entidades como o Grupo PSA, a organización Energy Materials
Industrial Research Initiative (EMIRI), o Instituto Enerxético de
Galicia e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Os
obxectivos principais son lograr mellores rendementos enerxéticos,
vida útil e fiabilidade sobresaliente, maior seguridade e
sustentabilidade
medioambiental, ademais dunha produción a gran escala que sexa
produtiva. En concreto, a iniciativa LiOn – HD nace co fin de
mellorar a densidade enerxética, o custe
e a rendibilidade
das baterÃas ion – litio a través de innovadoras investigacións
en materiais activos e inactivos avanzados. Tamén nas súas
combinacións enerxéticas para diferentes compoñentes da
electroquÃmica, superando os lÃmites actuais. Deste xeito,
facilitarÃase a evolución e transformación do sector de transporte
cara a sustentabilidade,
a
descarbonización e a
redución
de emisións, centrándose sobre todo na mobilidade
autónoma e na electromobilidade.
O
Centro Tecnolóxico CETIM participa no deseño de novos
electrolitos. En concreto, investiga en aditivos electrolÃticos e
electrolitos semisólidos (xel) de cuarta xeración para a mellora de
compatibilidade electroquÃmica e interfacial do electrolito. A
maiores, os
binders
poliméricos son un importante punto de innovación ao tratar de
substituÃr os convencionalmente empregados a través das novas
alternativas e a integridade dos materiais activos estudados no
ánodo. Por último, o CETIM desenvolve tamén a análise económica
e medioambiental que poidan aseverar a viabilidade técnica,
medioambiental e comercial dos materiais e tecnoloxÃas alcanzados.