O CESGA e a USC participaron nunha experiencia para facer posÃbel un concerto a distancia cun mÃnimo de latencia
mércores, 10 de decembro do 2014
Recentemente
celebrouse a edición
25 das Xornadas Técnicas de RedIRIS, a rede académica e de
investigación española que proporciona servizos avanzados de
comunicación á comunidade cientÃfica. A cita foi no Complexo
Cultural San Francisco, centro de congresos e exposicións da
Deputación de Cáceres. Este centro, antigo convento franciscano
construÃdo entre os séculos XV ao XVIII, foi durante parte das
xornadas o extremo dunha autoestrada de comunicación de máis de
2.700 quilómetros que conectou Cáceres directamente á cidade
italiana de Trieste.
A conexión
entre unha e outra levouse a cabo ao abeiro do Relatorio sobre
tecnoloxÃas de música en rede con demostración en vivo, no que
os intérpretes convocados puideron demostrar ou seu talento de forma
conxunta. O recoñecido músico e compositor galego Pablo Novoa dende
Cáceres e o violinista italiano Sebastiano Frattini dende Trieste,
interpretaron dous coñecidos temas musicais: Sunny de Bobby
Hebb, tema moi popular nos anos sesenta, e Get lucky, tema do
grupo francés de pop electrónico Daft Punk.
A idea era
botar man das tecnoloxÃas máis avanzadas para facilitar por unha
banda unha conexión de gran calidade e, pola outra, que dous músicos
fosen quen de tocar xuntos alén dos atrancos que até o de agora
poñÃan no camiño este tipo de tecnoloxÃas.
Acompañando
a experiencia atopábase, como relatores, Natalia Costas Lago,
Técnica superior de Comunicacións do Centro de Supercomputación de
Galicia (CESGA) e Javier Abreu, produtor musical e membro do equipo
Canal Campus da Universidade de Santiago de Compostela.
Abreu,
durante o seu relatorio, espertou o interese de boa parte dos
asistentes ás xornadas debullando a problemática das experiencias
musicais en vivo desenvolvidas na Rede, problemática que ten que ver
coa existencia dun factor chamado latencia, que en redes informáticas
de datos refÃrese á suma de retardos temporais dentro dunha rede e,
no caso que avaliou, entre os dous extremos dunha conexión.
Natalia
Costas, pola súa parte, explicou no devandito relatorio as
diferentes metodoloxÃas e ferramentas dispoñÃbeis para a
realización deste tipo de performances en rede, amais das
medidas que foron precisas adoptar para a adaptación da
infraestrutura no Complexo Cultural San Francisco de Cáceres.
Os músicos
fai anos que fan uso das novas tecnoloxÃas da información e das
comunicacións. Aprenderon a gozar dos novos sistemas de gravación
rexistrando música de alta calidade nos seus ordenadores e mesmo
recibindo pistas de audio en calquera parte do mundo, pero aÃnda
quedan asuntos por resolver, como é o caso da formación, ensaios e
actuacións facendo uso da rede, como se fixo neste caso.
A
ferramenta empregada para esta ocasión, LOLA (LOw
LAtency)
foi desenvolvida polo Conservatorio
Giuseppe Tartini de Trieste en consorcio con GARR (a rede
italiana de investigación) e trátase dun software e de unha
especificación hardware que se emprega para a transmisión de audio
e vÃdeo de alta definición minimizando a latencia entre os dous
extremos dunha conexión en liña.
As condicións
da rede, no que destaca como parámetro crÃtico a latencia e o
jitter (variación da latencia) non permite tocar en tempo
real cando as distancias son grandes. Con proxectos como o presente
empezamos a achegarnos aos lÃmites que permiten actuar xuntos a
músicos xeograficamente separados e nos permite sacar conclusións
moi positivas relativas a un novo campo pouco explorado.
Por
este motivo, o uso de LOLA debe facerse en redes de investigación,
xa que son precisos elevados anchos de banda, latencias e
jitter
moi baixos, como as que pode ofrecer a RedIRIS,
a rede de investigación e académica española, no eido nacional e
GEANT no eido europeo. Para que a experiencia de Cáceres-Trieste
fose posÃbel, foi necesario unha intensa colaboración entre as
diversas entidades involucradas a nivel de infraestrutura de rede:
Deputación de Cáceres, Universidade
de Estremadura, RedIRIS, GÉANT e
GARR. Amais,
revisouse que o trazado fose óptimo desde o punto de vista da
latencia.
Ferramentas
como a empregada nesta experiencia teñen evidentes aplicacións
no ámbito cultural: dende educación e actuacións musicais ó seu
uso noutras formas de expresión cultural (teatro, danza, etc.) e no
futuro poderán xurdir outros usos en eidos completamente diferentes.
Unha
mostra da gravación da sesión que tivo lugar o pasado mércores 26
de novembro pode verse nun
vÃdeo especÃfico posto en liña polo propio CESGA.