O CCG achega un percorrido virtual pola obra do arquitecto Domingo de Andrade
mércores, 1 de abril do 2020
Na
súa liña (que xa vén de antigo pero que se reforzou de maneira
intensa coa chegada do Estado de Alarma polo COVID-19) de empregar as
contornas tecnolóxicas para levarnos da man a feitos e protagonistas
salientábeis da nosa historia, o
Consello da Cultura Galega presentou este 1 de abril, coincidindo co
DÃa as Artes Galegas, un percorrido virtual pola obra de Domingo de
Andrade, homenaxeado nesta celebración impulsada pola Academia
Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. A proposta online
do CCG dirÃxese a contrarrestar o adiamento dos actos presenciais
convocados para enxalzar a figura do devandito arquitecto, propondo
un itinerario pola súa obra e a súa vida que compense a situación.
Trátase
dun traxecto virtual por algunhas das obras clave da súa
arquitectura seleccionadas e comentadas por Alfredo Vigo Trasancos,
membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais da dita institución
e profesor da Universidade de Santiago. Na proposta, Vigo Trasancos
achega un roteiro virtual sobre Santiago de Compostela para descubrir
in situ cinco obras destacadas do arquitecto. As pezas van desde a
Torre do Reloxo, a primeira obra como arquitecto da catedral e todo
un fito do xacobeo, ata o Pórtico Real da Quintana. Polo medio, a
Cuncha de PraterÃas, a tripla escaleira de caracol de San Domingos
de Bonaval ou a capela do Pilar.
Para
contextualizar a importancia de Domingo de Andrade, o portal de
divulgación cultural Culturagalega.gal
pon en Rede unha serie de reportaxes sobre o barroco ademais dalgún
aspecto curioso desta figura, como é a unha receita para fabricar
bombas que figura nunha carta que Andrade lle envÃa ao XI Conde de
Lemos.