O Bq Aquaris M5.5 conta cunha versión Essential que reduce a súa resolución de pantalla

xoves, 5 de maio do 2016 Marcus Fernández

O fabricante español de móbiles Bq tende a ofrecer distintas versións dos seus smartphones, facilitando así a elección de terminal por parte dos consumidores, aínda que algunha das variantes que pon á venda parecen ir destinadas unicamente a reducir o prezo dun xeito difícil de xustificar, xa que o Aquaris M5.5 conta agora cunha versión que muda a súa pantalla para conseguir un aforro de só 20 euros.
O Aquaris M5.5 é un terminal con pantalla de 5,5 polgadas, batería de 3.620 mAh, un grosor de 8,5 milímetros e un peso de 162 gramos, que poderiamos considerar bastante equilibrado, cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de oito núcleos, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno, dobre microSIM, 4G (con soporte da banda dos 800 MHz), cámara traseira de 13 Mpíxeels e dobre flash, cámara frontal de 5 Mpíxeles, radio FM, Wi-Fi N e NFC (o que abriría a porta a algúns sistemas de pagamento móbil). A súa versión ordinaria conta cunha pantalla Full HD con Quantum Color + e parte dun prezo de 259,90 euros (con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento) chegando até os 339 euros (par ao modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento), mentres que o novo modelo Aquaris M5.5 Essential só estaría dispoñible con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno venderíase por 239,90 euros, o que parece unha rebaixa moi cativa para estarmos ante un terminal que pese ao seu grande tamaño, presenta unha resolución de só 1.280 x 720 píxeles (o que claramente desmerece o conxunto completo).

O Bq Aquaris M5.5 funciona con Android 5.1

PUBLICIDADE