O Bitcoin cae aos niveis máis baixos dende a chegada de Trump á presidencia dos EE.UU.
venres, 6 de febreiro do 2026
Nas últimas horas o Bitcoin chegou a cotizar por debaixo dos 52 mil euros, o seu valor máis baixo dende outubro de 2024, que no momento de escribir estas liñas correspóndese nunha caÃda de máis do 30 % nun mes e de máis do 42 % en medio ano. Este retroceso chega despois de varios meses de forte subida, que levaron a criptomoeda a marcar un máximo histórico de 106.662 euros o pasado mes de outubro.
O interese dos investidores viuse impulsado inicialmente pola implicación directa de Trump no sector e polas súas promesas de flexibilizar a lexislación que afecta á industria cripto. Entre as primeiras medidas adoptadas polo mandatario tras asumir de novo o cargo en xaneiro de 2025 figurou unha orde executiva destinada a converter os Estados Unidos na «capital cripto do planeta».
Durante o seu primeiro ano de mandato, Trump lanzou ademais unha criptomoeda asociada á súa marca persoal, da que a maior parte dos beneficios reverteron nas súas propias empresas. Tamén mantivo a súa vinculación con World Liberty Financial, un vehÃculo de investimento en activos dixitais controlado pola familia Trump.
No plano regulatorio, a Administración Trump asinou unha lei para reforzar o apoio federal ás criptomoedas, desmantelou un equipo do Departamento de Xustiza especializado na supervisión do sector e a Comisión de Bolsa e Valores reduciu de forma significativa as investigacións e accións de control relacionadas cos criptoactivos.
Estas decisións xeraron crÃticas desde a oposición. En novembro, membros demócratas do Comité Xudicial do Senado cualificaron de «axenda pro-cripto» a estratexia do presidente e advertiron de que Trump acumulara activos dixitais por valor de máis de 11.000 millóns de dólares, ademais de ingresos persoais próximos aos 800 millóns de dólares procedentes de operacións con criptomoedas dende a súa chegada ao poder.
Segundo o Deutsche Bank o Bitcoin leva catro meses á baixa e aseguran que «os investidores tradicionais están perdendo interese e medra a visión negativa sobre o mercado cripto», descartando un retorno aos máximos impulsados pola chegada de Trump á presidencia. Outras voces, como a do conselleiro delegado de Abra Capital Management, consideran que o sector está a entrar nunha fase de madurez, aÃnda que confÃan nunha recuperación futura dos prezos. Ao mesmo tempo, outras criptomoedas destacadas, como Ethereum ou Solana, acumulan caÃdas próximas ao 37 % no que vai de ano.
