Battlefield 3 para PC xa pode xogarse en 3D

luns, 28 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo conta cuns gráficos moi coidados grazas ao seu potente motor Frostbite 2O xogo Battlefield 3 dos estudos DICE está a loitar duro para facerse un oco nun mercado dominado pola saga Call of Duty, e para ampliar os seus atractivos, vén de incorporar unha actualización para a súa versión para PC que inclúe o soporte da tecnoloxía 3D estereoscópica, de xeito que os usuarios que conten cun equipo potente que cumpra coas especificacións da tecnoloxía nVIDIA 3D Vision (ou coas da tecnoloxía AMD HD3D) poderán gozar dos xogo dun xeito máis inmersivo, ao engadirse a visión estereoscópica ao motor gráfico Frostbite 2.
Cómpre destacar que esta funcionalidade é bastante esixente, pois para que o xogo poida verse en 3D hai que xerar cada fotograma 2 veces (unha para cada ollo), o que supón o dobre de carga gráfica, polo que na meirande parte dos casos é preciso reducir lixeiramente a resolución gráfica para permitir certa fluidez ao ver o xogo en 3D.

Battlefield 3 para PC xa conta coa opción de activar os gráficos estereoscópicos
O xogo conta cuns gráficos moi coidados grazas ao seu potente motor Frostbite 2

PUBLICIDADE