O Asus ZenBook Pro UX501 consegue facer fronte ao MacBook Pro
luns, 27 de abril do 2015
Asus parece querer facer fronte a Apple dentro dos
ordenadores portátiles de alta gama, e para que ese rango de produtos non quede
acaparado polo MacBook Pro, pon á venda o impresionante ZenBook Pro
UX501, un portátil con acabado metálico e grande potencia, que presume
dunha pantalla IPS de ultra alta definición (3.840 x 2.160 pÃxeles) e unha
gráfica nVIDIA GeForce GTX 960M con 4 GB DE GDDR5, que fai que este equipo sexa
dabondo para correr xogos de nova xeración e para usos profesionais con vÃdeo e
gráficos 3D. Outra das chaves do bo rendemento deste equipo estarÃa na súa
unidade SSD, que conseguirÃa velocidades de lectura/escritura de até 1.400
MB/segundo, o que serÃa 16 veces a velocidade dun disco duro SATA III de 500
GB. Avanzando na súa velocidade tamén fai uso de portos USB 3.0 e conectividade
Wi-Fi AC de até 867 Mbps (tres veces a velocidade de conexións Wi-Fi N).
Se entramos ao detalle, o equipo funciona cun procesador Intel Core i7 4720HQ
de catro núcleos, 4/8 GB de memoria DDR3L a 1.600 MHz (ampliable até 16 GB),
varias opcións de almacenamento (como disco duro de 1 TB ou até unha SSD de 512
GB PCIe x4), gráfica nVIDIA GTX 960M con 2/4 GB de VRAM, pantalla IPS de 15,6
polgadas Full HD ou de ultra alta definición, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, Fast
Ethernet, lector de tarxetas de memoria, 3 portos USB 3.0, saÃda HDMI, saÃda
mini Display Port, 1 porto Thunderbolt (opcional) webcam de alta definición e
baterÃa de 4/6 celas (de xeito que o equipo pesarÃa 2,06 ou 2,27 quilogramos
respectivamente).
Este equipo con Windows 8.1 só terÃa un aspecto no que claramente quedarÃa por
abaixo do portátil de Apple, a autonomÃa, xa que o Asus ZenBook Pro UX501 coa
súa baterÃa de 6 celas poderÃa funcionar unhas seis horas en traballos de
produtividade ou reproducindo vÃdeo, mentres que un MacBook Pro de 15 polgadas
terÃa unha autonomÃa de até 8 horas (aÃnda que cómpre destacar que a pantalla
do equipo de Asus ten unha resolución superior).
Este atractivo portátil xa pode
adquirirse nos EE.UU. a un prezo de 1.799 dólares (1.653 euros).