O Asus Padfone combina smartphone, tablet e portátil nun único dispositivo

martes, 28 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

O ano pasado Asus anunciou a súa intención de mesturar móbil e tablet nun único dispositivo, pero o produto quedou en suspenso por mor do retraso na integración das versión de Android para ambos tipos de trebello, o que converteuse en realidade co Android 4.0, o que permite que así puidese verse no Mobile World Congress de Barcelona o que será o Asus Padfone.
Estamos ante un móbil cun procesador de dobre núcleo Qualcomm Snapdragon S4 a 1,5 GHz con gráfica Adreno 225, pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles con protección Corning Gorilla Glass, 1 Gb de RAM, 16/32/64 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, cámara traseira de 8 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED, cámara frontal para videoconferencia, HSPA+, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS, compás dixital, batería de 1.530 mAh, unhas medidas de 128 x 65,4 x 9,2 milímetros e un peso de 129 gramos, que pode funcionar de xeito autónomo ou introducíndose nun accesorio chamado Padfone Station, converténdose nun tablet con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles (tamén con protección Corning Gorilla Glass), cámara traseira de 8 Mpíxeles, cámara frontal de 1,3 Mpíxeles, altofalantes SonicMaster, batería que multiplica por 5 a autonomía do teléfono, unhas dimensións de 273 x 176,9 x 13,55 milímetros e 724 gramos de peso que tamén poderá contar cun teclado físico adicional para darlle forma de ordenador portátil, de xeito que estariamos ante un dispositivo sumamente versátil, por combinar teléfono, tablet e ordenador nun único trebello.
Entre os accesorios dispoñibles tamén estará o Padfone Stylus Headset, que fará de lapis sobre a pantalla do tablet, así como de auriculares e micrófono sen fíos.

O Asus Padfone tamén conta cun accesorio tipo stylus
O Asus Padfone conseguiu mesturar o teléfono e o tablet con bastante acerto

PUBLICIDADE