O Asus PadFone Infinity chegará con pantalla Full HD de 5 polgadas
luns, 25 de febreiro do 2013
Asus
non só amosou hoxe en Barcelona o seu curioso
tablet-teléfono de 7 polgadas, senón que tamén reincidiu no seu concepto de
smartphone que pode transformarse en tablet, o PadFone, que hoxe presenta unha
nova iteración, o PadFone
Infinity, que está composto dun potente móbil con pantalla de 5 polgadas
con resolución Full HD e unha pantalla de 10,1 polgadas (cunha resolución de
1.920 x 1.200 pÃxeles) na que pode integrarse.
O PadFone Infinity funciona con Android 4.2, procesador Qualcomm Snapdragon 600
de catro núcleos a 1,7 GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno,
conectividade LTE, Wi-Fi, Bluetooth 4.0 e NFC, GPS, cámaras de 13 e 2 MpÃxeles
e baterÃa de 2.400 mAh, permitindo esta última unha autonomÃa de ata 19 horas
en conversa (3G), que incrementarÃase ata 40 horas de conectarse o smartphone á
pantalla que o converte nun tablet. Esta potente combinación de móbil e tablet,
ao elevar considerablemente as súas prestacións fronte aos seus antecesores,
ten un prezo que só está ao alcance duns poucos: 999 euros.