O Asus Essentio CS5110 agocha un completo Media Center baixo o seu elegante deseño

venres, 11 de abril do 2008 Marcus Fernández

Para atender á demanda de miniordenadores para o seu uso coma Media Centers, Asus lanza o seu Essentio CS5110, que en 29 x 20 x 8 centímetros e con 3,4 Kg integran un equipo informático altamente configurable que como máximo pode incluír un procesador Intel Core 2 Duo, 4 Gb de RAM, unidade de Blu-ray, disco duro SATA de 1 Tb, tarxeta gráfica GeForce 8600M con 256 Mb de memoria dedicada, tarxeta de son 7.1, lector de tarxetas de memoria, Gigabit Ethernet, Bluetooth, Wi-Fi, saída VGA/HDMI, un teclado con rato integrado e un mando a distancia.
Este impresionante equipo ten unha aparencia externa realmente atractiva, cun acabado en negro con forma de libro, que xunto con seu baixo nivel de ruído o fai moi axeitado para os salóns das nosas casas, xa que non parece un ordenador. Permite gozar de vídeo en alta definición, son de alta calidade e unha versatilidade que só se pode obter dun ordenador, pero dende a comodidade do sofá. Queda por ver se o seu prezo será asequible.

PUBLICIDADE