O Android para a Internet das Cousas pivota para centrarse en altofalantes e pantallas co Asistente de Google

mércores, 13 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O ano pasado Google anunciou Android Things, un sistema operativo orientado aos dispositivos da Internet das Cousas, de xeito que os fabricantes de dispositivos que quixesen gozar das infraestruturas de rede de Google poderían empregar como base esta plataforma, pero esta iniciativa non está a saír como esperaban, e agora recoñecen que terá que mudar de foco, xa que na practica limitouse a altofalantes e pantallas conectadas co Asistente de Google integrado, ou sexa, que non levou cara aos vieiros de innovación que esperaban, polo que agora buscarán avanzar nas gamas de produto que si semellan ter boa acollida.
Aínda que manterán o SDK de Android Things para tirar proveito de hardware como o NXP i.MX7D ou a Raspberry Pi 3B, e tamén comprométense a continuar a apoiar aos produtos orientados á Internet das Cousas, instan a que estes desenvolvementos aposten por Cloud IoT Core e o futuro Cloud IoT Edge como plataformas, mentres que Android Things pivotará para dar un mellor soporte aos smart displays e aos altofalantes conectados.

PUBLICIDADE