O Acer Iconia W4 permítenos gozar de Windows 8.1 na súa pantalla de 8 polgadas

venres, 18 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O Acer Iconia W3 sorprendeu no seu momento por ser un tablet con Windows 8 moi económico e dun fabricante recoñecido, e agora o fabricante quere insistir nesta proposta de reducido tamaño, e presenta o Acer Iconia W4, que sería unha revisión do equipo anterior, que agora contará cun procesador Intel Atom de cuarta xeración a unha velocidade de 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles (que parece mellorar considerablemente a do seu predecesor), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, 32/64 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD, sistema operativo Windows 8 cunha copia da versión doméstica do Microsoft Office pre-cargada, e portos micro-USB e micro-HDMI.
Temos así un equipo que porase á venda este mesmo mes a prezos de 330 e 380 dólares para os seus modelos de 32 e 64 Gb respectivamente, polo que podería competir con dispositivos como o iPad mini grazas moverse no mesmo rango de prezos pero ofrecendo moito máis (pois este tablet funcionaría cun sistema operativo de ordenador completo, o que permítelle un uso en produtividade moi superior ao de outros tablets se o equipamos de periféricos como un rato e un teclado). A súa autonomía sería dunhas 10 horas de navegación web e de ata 8 horas de reprodución de vídeo, polo que xunto co seu peso de 415 gramos e o seu grosor de 10,75 milímetros teriamos un equipo atractivo para empregar en mobilidade.
O Iconia W4 tamén contará con accesorios como un lapis dixitalizador pasivo e un par de fundas (unha básica e outra con teclado).

PUBLICIDADE