O Acer Iconia W3 podería ser un dos tablets con Windows 8 máis económicos do mercado

venres, 3 de maio do 2013 Marcus Fernández

Aínda que Acer aínda non o anunciou publicamente, Amazon.com amosou durante varias horas na súa páxina web o que sería o seu novo tablet con Windows 8, o Acer Iconia W3, que sería un tablet que por só 379,99 dólares (289,69 euros) achegaría unha pantalla táctil de 8,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador Intel Atom Z2760 de dobre núcleo a 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 2 Mpíxeles, micro USB 2.0, micro HDMI, batería cunha autonomía de 8 horas e un peso de 499 gramos, que aparte de poder empregarse como un tablet bastante pequeno (mide 218,9 x 134,8 x 11,3 milímetros), tamén contaría coas funcionalidades dun ordenador completo (por operar con Windows 8) polo que estariamos ante unha opción moi interesante que sería moito máis versátil que os tablets actuais baseados en Android ou iOS, e confirmando que os netbooks están destinados á súa extinción.

O Acer Iconia W3 permitiría levar un ordenador completo na palma da man

PUBLICIDADE