O Acer Aspire R7 terá unha edición limitada inspirada en Star Trek
xoves, 6 de xuño do 2013
O Acer Aspire R7 é unha curiosa proposta
a medio camiño entre portátil e ordenador todo-en-un, que ao colocar o seu
teclado e a súa pantalla en paralelo adopta unha pose que dende certos ángulos
pode lembrarnos á popular nave Enterprise de Star Trek, o que parece non ser accidental, ou iso podemos entender
tras ver que Paramount Pictures e Acer van desenvolver unha poxa entre os dÃas 14 e 24 de xuño na que
venderán 25 unidades dunha edición limitada do Aspire R7 co emblema da Flota Estelar
xunto con carteis asinados da pelÃcula Star
Trek: En La Oscuridad que chegará este verán aos nosos cines.
Os cartos conseguidos a través desta iniciativa irán a parar ás organizacións
sen arela de lucro The Mission Continues
e Save
The Children.
O Acer Aspire R7 é un completo
portátil con pantalla táctil de 15,6 polgadas que pode equiparse cun procesador
Intel Core i5/i7, 4/8 Gb de RAM, disco duro de 750 Gb ou SSD de 256 Gb, 3 portos
USB, HDMI e lector de tarxetas SD que está á venda por prezos que oscilan entre
os 899 e os 1.299 euros.
- FotografÃa da edición limitada do Aspire R7 publicada por Engadget
VÃdeo promocional do Acer Aspire R7 inspirado en Star Trek: En La Oscuridad