O Acer Aspire One A150 incorpora unha baterÃa de 6 celas
martes, 28 de outubro do 2008
O Acer Aspire One
corrixe unha das súas principais eivas no seu modelo
A150 e inclúe de serie unha baterÃa de 6 celas o que lle permitirÃa
acadar unha autonomÃa de preto de 6 horas, conseguindo que este ultraportátil
de baixo custo cun peso de 1,26 Kg. gañe en atractivo máis alá da súa coidada
estética.
O equipo funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz e vén de serie con 1
Gb de RAM, disco duro de 160 Gb, Wi-Fi, Ethernet, 3 portos USB 2.0, saÃda VGA,
lector de tarxetas de memoria e unha carcasa de cor negra que logra conter o
seu prezo nos 399 euros.