O ADSL indirecto de Vodafone comeza a dicir adeus

luns, 26 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O avance da fibra óptica até o fogar é imparable, o que supón a progresiva desaparición dos servizos baseados en par de cobre, ou sexa, que o ADSL ten os días contados, e no caso dos operadores que ofrecen o servizo a través das redes de terceiros aínda chegará antes do que moitos esperan, e Vodafone está a contactar cos seus clientes de ADSL indirecto (subministrado principalmente a través de liñas telefónicas de Movistar) para advertir dos peche do servizo o 15 de decembro.
A meirande parte dos clientes afectados xa migraron á fibra óptica e, dos pendentes, procurarase o salto á fibra en cando sexa posible e, mentres tanto, ofréceselles unha conexión de 4G en casa con 80 GB para navegar todos os meses.
Temos aquí un claro indicativo de que a banda larga de calidade no fogar é cada vez máis accesible, e grazas ás novas infraestruturas pecharase en boa medida a pronunciada fenda de acceso que actualmente hai no noso territorio.

PUBLICIDADE