O 79% dos móbiles de R xa operan na rede do Grupo MásMóvil

xoves, 23 de decembro do 2021 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións R informa de que 290.000 das súas 367.000 liñas móbiles particulares veñen de mudar de rede para pasar a depender o seu servizo da rede do Grupo MásMóvil, ao que pertence o operador con sede en Galicia.
O cambio de rede móbil foi transparente para os usuarios e desenvolveuse ao longo de tres semanas sen incidencias, o que debería supor unha mellor de cobertura móbil a nivel estatal grazas a acordos de compartición de redes con outros operadores (principalmente con Orange España).
Tras as primeiras probas realizadas aseguran que a metade dos clientes de R melloran a súa cobertura de xeito significativo en numerosos concellos galegos.
Durante os vindeiros meses R migrará o resto das súas liñas móbiles residenciais á rede de MásMóvil.