O 55% dos galegos viven en zonas de alta competencia en fibra óptica
venres, 15 de outubro do 2021
AÃnda que o
operador O2 leva dende agosto dando o trámite por feito, a CNMC aprobou hoxe o
novo regulamento dos mercados maioristas de fibra óptica, de aà que a marca
de baixo custo de Telefónica aproveitase a xornada para estrear
unha nova tarifa económica con limitacións territoriais.
Co novo marco a CNMC pasan de 66 a 696 os concellos situados en zonas con alta
competencia en materia de fibra óptica, o que significa que nesas vilas a cota
de Telefónica no mercado minorista é inferior ao 50% e existen cando menos 3
redes de nova xeración cunha cobertura mÃnima do 20%, o que libera a Telefónica
de certas obrigas, o que permiten que lance asà novas ofertas e mellore a competencia
real (como se demostra coas novas tarifas de O2).
Coa decisión da CNMC pasaremos de ter alta competencia o 35% da poboación ao
facelo o 70%, o que no caso galego pasa de limitarse á cidade de Vigo a incluÃr
tamén ás poboacións de Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, A
Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Oleiros, Sada, Santiago de Compostela,
Lugo, Barbadás, Ourense, Cambados, Cangas, O Grove, MarÃn, Moaña, Pontevedra, O
Porriño, Ponteareas, Sanxenxo e VilagarcÃa de Arousa, que suman unha poboación
de 1.486.949 habitantes (o 55% da poboación galega), deixando en evidencia que
a competencia das redes de fibra en Galicia está bastante por debaixo da media
española.
O regulamento ten agora un perÃodo transitorio de 6 meses para a súa aplicación
completa, e a CNMC comprométese a revisar as zonas non competitivas (ou incluso
eliminar completamente as restricións que impón nas mesmas) dentro de 3 anos.