O 40% das portabilidades cancélanse
luns, 29 de novembro do 2010A ninguén
sorprende que moitos usuarios solicite a portabilidade do seu número de
teléfono móbil a outra compañÃa para forzar ao seu operadora actual a que contraoferte para retelo coma cliente, o
que parece estar moi lonxe de ser unha práctica puntual, pois segundo datos da
CMT cada mes hai 400.000 liñas móbiles que cambian de operador mentres que uns
267.000 usuarios cancelan o cambio de compañÃa, ou sexa, que o
40% das portabilidades quedan nun farol,
que habitualmente vai seguido da solicitude dun novo terminal telefónico (en moitos
casos, un smartphone).
Cómpre destacar que en moitos casos esta práctica non resulta satisfactoria
para o usuario, por non poder facerse con terminais de alta gama coma o iPhone
4 (por precisar dunhas condicións de contratación moi concretas que compensen á
compañÃa de telefonÃa a subvención do terminal) ou por non chegar a un acordo
dentro da fiestra de tempo dispoñible para a negociación.