O 3 de marzo celébrase nas Pontes unha nova sesión dos Amigus Labs
martes, 20 de febreiro do 2018
O vindeiro 3 de marzo, no Lar de Endesa en
As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo dos Amigus
Labs, os espazos cooperativos de arte, creación dixital e
formación organizados pola asociación Amigus. A nova xornada, o
encontro Maker
18.2, os participantes entrarán en contacto cos prototipos cos
que se veñen traballando nos obradoiros previos, prototipos con base
en Arduino e Raspberry PI. A xeito de exemplo, avanzarase no camiño
iniciado no laboratorio de febreiro cun robot velocista, levando a
cabo a montaxe de máquinas “corredoras” de competición,
pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un
microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e equipado con
sensores, cámaras e demais elementos de recoñecemento.
Outro
equipo de traballo porá a punto a fresadora CNC, cos últimos
retoques na estrutura para poñela a pleno rendemento.
Ao
abeiro do recanto Amigus Labs Kids comezarase un novo proxecto que
será madurado ao longo dos vindeiras catro sesións; a creación de
reloxos dixitais. Nesta primeira sesión analizarase o produto,
aprenderase a modelar en 3D e a imprimir as pezas resultantes nas
impresoras 3D.
Segundo
informa Amigus, é recomendábel carrexar á sesión un portátil ou
PC para traballar cada un no seu propio equipo. A idade mínima para
participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en
adiante, a inscrición é de balde.
Tódalas
actividades realizaranse en horario de 11:00 a 20:00 horas, facendo
unha parada para xantar, de 14:00 a 16:00, no propio Lar, cun prezo
de 15€/persoa (opcional).
Para
asistir ao laboratorio tamén podemos acudir equipados co noso
computador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe.
Podemos inscribirnos no obradoiro (antes do 1 de marzo) a través do
seguinte correo: amigus@amiguslabs.org. Organizan:
Asociación
Informática Amigus, Amigus Labs e Merca Nas Pontes