O 27 de maio a AETG celebra o seu cuarto encontro de fraternidade

luns, 16 de maio do 2022 S. P.

O vindeiro 27 de maio vaise celebrar na Coruña a cuarta edición do Encontro de Confraternización de Asociados da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG). Será unha xornada de especial significado para as persoas integrantes do colectivo, xa que se retoma logo de dous anos de paréntese motivada pola crise pandémica. Celebrarase como dixemos o vindeiro venres 27 no Museo Estrella Galicia da Coruña (MEGA). A AETG sinala que este emprazamento constituirá “o marco perfecto para compartir experiencias e proxectos persoais e profesionais”.
O encontro incluirá a visita guiada ao museo e á fábrica de cervexa, que concluirá co tradicional xantar de pé.
Este evento, segundo engade a AETG, foise consolidando dende o primeiro intre como o encontro anual dos enxeñeiros e enxeñeiras de Telecomunicación asociados de Galicia, “coa intención de poñer en valor a importancia de pertencer ao colectivo e de compartir vivencias e proxectos propios cos compañeiros”.

PUBLICIDADE