O 21 de novembro sairá a versión para PC do Grand Theft Auto IV
mércores, 6 de agosto do 2008
Despois de moitos
desmentidos, Rockstar Games finalmente anunciou que o xogo Grand Theft Auto IV, que actualmente só se vende para as consolas
Xbox 360 e PlayStation 3, terá unha versión para PC que se
venderá nos EE.UU. dende o 18 de novembro, chegando a Europa un par
de días despois.
O xogo xa vendeu
8,5 millóns de copias para as consolas de nova xeración, acadando
tamén moi boas críticas, e aínda que xa se sabía que nalgún momento chegaría
unha versión para o ordenador, non foi ata hoxe cando a propia páxina web do xogo
incorporou o logotipo de Games for
Windows.
A versión para PC conservará o nivel gráfico das súas entregas para consola,
así coma os modos multi-xogador en liña (que son un dos grandes atractivos do
título), aínda que é de agardar que sexa preciso contar cun equipo potente para
poder tirar proveito dun dos xogos do ano (xunto con Metal Gear Solid 4).