O 12 de novembro terá lugar un EastsAndTwitts en Vigo

luns, 8 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Nos últimos meses non paran de florecer os encontros de carácter tecnolóxico na xeografía galega, e o último en sumarse a esta tendencia é o EatsAndTwitts, que celébrase unhas 3 ou 4 veces ao ano pasando por cidades coma Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Sevilla ou Santiago, e que o vindeiro venres recalará en Vigo, concretamente no Hotel Tryp Los Galeones.
Este evento é de carácter aberto, asistindo normalmente usuarios de Twitter e outras plataformas sociais (coma Facebook, Linkedin ou Xing) para desvirtualizarse e facer networking, persoal e profesional, mentres se celebra un xantar, sendo habitual que entre os participantes estean enxeñeiros, publicistas, informáticos, comerciais, deseñadores… conformando unha masa variada da que a única condición para formar parte é realizar o pagamento dos 22 euros que custa o xantar, e que pode facerse a través de Ticketea.

Imaxe dunha pasada edición de EatsAndTwitts en Valencia

PUBLICIDADE