Numerosos blogueiros gastronómicos daranse cita na Coruña a vindeira fin de semana
martes, 17 de setembro do 2019
O vindeiro sábado desenvolverase a IX Xuntanza de Bloggers
Gastronómicos de Galicia, encontro ao que acudirán medio cento de persoas,
que daranse cita no emblemático local na rúa Galera de Bonilla a la Vista, comezando
asà a fin de semana gozando dun chocolate con churros. No céntrico establecemento
será onde repartirán as acreditacións deste encontro de blogueiros.
Dentro desta xornada tamén está confirmado un aperitivo no NH Collection A
Coruña Finisterre, no que presentarán o novo produto estrela de Vermú Petroni,
o Bitter de Albariño Petroni, elaborado cunha selección de uvas dos Viñedos Rosalianos
do Pazo Arretén.
O encontro será toda a fin de semana, e confÃa en contar coa presenza de
numerosas empresas e cociñeiros, que atenderán a blogueiros gastronómicos principalmente
galegos, aÃnda que tamén contarán con presenza de blogueiros procedentes de Asturias,
Gran Canaria e EE.UU.