Numerosas tendas poñen á venda anticipadamente o xogo Grand Theft Auto V

venres, 13 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Parece que o xogo está a venderse con normalidade nas tendas españolas

Aínda que o agardado xogo de Rockstar Games Grand Theft Auto V non ten previsto o seu lanzamento ata o vindeiro venres, numerosas tendas españolas levan toda a xornada de hoxe vendendo con normalidade o título que ten moitas bazas para converterse no xogo do ano, pois xa é actualmente a produción para consolas de videoxogos co meirande orzamento da historia e promete superar en vendas ás súas entregas anteriores, o que o colocarían como unha superprodución á altura de calquera blockbuster de Hollywood.
A venda anticipada de xogos é algo moi habitual, aínda que normalmente limítase a copias reservadas por compradores habituais, o que parece inevitable en caso de grandes lanzamentos nos que é preciso adiantar considerablemente a distribución para garantir que todos os puntos de venda teñan unidades suficientes o día do lanzamento oficial.
Unha vez máis, a distribución anticipada do xogo non só permite a súa venda antes do debido, senón tamén o inicio da súa distribución a través de redes P2P, o que podería afectar ás vendas do xogo, aínda que o feito de que os compradores de GTA V vaian poder gozar de GTA Online debería disuadir aos usuarios que se vexan tentados a descargar o xogo por canles non oficiais.

Algúns usuarios demostran que compraron o xogo sen problema incluso fotografando o seu ticket de compra</A>

PUBLICIDADE