Nreal presenta unhas lentes lixeiras de realidade mixta
xoves, 5 de decembro do 2019
A
empresa chinesa Nreal está a traballar con Qualcomm para facer realidade as lentes
Nreal Light MR, que tirando proveito da potencia dun dispositivo con
Android cun procesador Qualcomm Snapdragon 855 (ao que se conectarÃa mediante
USB-C) permitirÃan gozar de capacidade de realidade mixta en mobilidade, coa
aparencia dunhas lentes de sol de só 88 gramos de peso.
Estas lentes de realidade mixta ofrecen un campo de visión de só 52 graos (que
é a principal limitación que teñen actualmente este tipo de dispositivos) e
conta con clips magnéticos para poder incorporarlle lentes graduadas (xa que
non estamos ante un casco co que o usuario poida levar as súas lentes graduadas
por debaixo).
Esta interesante solución ofrece imaxes a 1.080p a 60 imaxes por segundo a cada
ollo, integran múltiples sensores para poder facer un seguimento dos
movementos, e tamén teñen cámaras
SLAM para rexistrar o contorno. Tal combinación permite ofrecer unha
experiencia de realidade mixta na que sobreimprimir información sobre a
realidade de xeito tridimensional e realista, o que pode ter moitas aplicacións
profesionais e de lecer.
Estas curiosas lentes están aÃnda en fase de desenvolvemento, e os
programadores interesados en facerse cun kit de
desenvolvemeto por 1.199 dólares, o que inclúe unhas lentes, un mando con
forma circular (que serve para rexistrar movementos e operar coma se fose un touchpad)
e una unidade de cálculo (equipada cun procesador Qualcomm Snapdragon 845).
Estas lentes destacan fronte a outras que hai actualmente no mercado polo seu deseño
compacto, de xeito que poderÃan marcar o camiño do que serán as lentes de
realidade mixta cando tenten dar o salto ao mercado de consumo, o que comentan
que poderÃa facer Apple nos vindeiros anos, o que encaixarÃa coa súa estratexia
de desenvolvemento de solucións de realidade aumentada para iOS (á que dedican
moito tempo nas súas presentacións pese a que é unha tecnoloxÃa claramente ignorada
polo público no seu estado actual).
- A realidade mixta permitirá que vexamos información sobre o noso contorno, o que abrirá moitas posibilidades para o lecer e, moi especialmente, para usos profesionais