Novos mandos de Turtle Beach para os xogadores máis esixentes
luns, 29 de setembro do 2025
Turtle Beach vén de anunciar o lanzamento mundial do novo mando modular Victrix Pro BFG Reloaded, dispoñible en versións para PlayStation, Xbox e tamén en edición especÃfica para PC. O trebello, deseñado coa comunidade competitiva en mente, introduce melloras entre as que destacan as pancas de control e gatillos con tecnoloxÃa de efecto Hall antideriva e un módulo fightpad redeseñado, máis ergonómico para a comunidade de xogos de loita.
O Victrix Pro BFG Reloaded aposta pola personalización como sinal de identidade. Conta con 11 compoñentes intercambiables –incluÃndo catro thumbsticks (dúas tapas estándar, unha de cúpula e unha de francotirador), tres D-pads e catro portas–, ademais de dous módulos personalizables con tecnoloxÃa Hall Effect. Para os xogadores máis esixentes, incorpora catro botóns traseiros programables, disparadores de embrague de cinco paradas con modo Hair-Trigger e unha aplicación de configuración propia, Victrix Control Hub, dispoñible en PC e Xbox para reasignar botóns, axustar zonas mortas, optimizar disparadores e mesmo xestionar actualizacións de firmware.
A versión para PlayStation é compatible con PS5, PS4 e Windows, e engade un interruptor de modo multiplataforma. Pola súa parte, a versión para Xbox funciona tanto en Xbox Series X|S como en Xbox One e Windows, incluÃndo acceso a son inmersivo Dolby Atmos cunha subscrición vitalicia. A edición para PC, que se pode reservar por 179,99 euros e chegará ao mercado o 26 de outubro, ofrece ata 11 compoñentes intercambiables, gatillos de embrague, trackpad de precisión e asignación avanzada de botóns para entradas de teclado e rato, aÃnda que non inclúe de serie o módulo fightpad, dispoñible á parte.
O mando garante ata 20 horas de autonomÃa en modo sen fÃos e ofrece conexión de baixa latencia, ademais dun cable USB-C trenzado de tres metros para competicións. Inclúe tamén maletÃn de transporte e ferramenta para substituÃr módulos. As versións oficiais de PlayStation e Xbox están dispoñibles xa en cores branco e negro cun prezo de 199,99 euros en tendas de todo o mundo.
VÃdeo promocional dos novos mandos de Turtle Beach
