Novos auriculares deportivos da marca Beats
xoves, 2 de outubro do 2025
Apple vén de pór á venda un novo produto baixo a marca Beats: os Powerbeats Fit, que recollen o relevo dos Beats Fit Pro (que chegaron a Europa a primeiros de 2022), pero reagrupados agora baixo o nome icónico Powerbeats, podendo xa adquirirse por 229,95 euros en 4 cores diferentes (negro acibeche, gris grava, laranxa eléctrico e rosa eléctrico).
A principal novidade destes novos auriculares está no seu deseño e na súa comodidade.
Os Powerbeats Fit manteñen a filosofÃa dos Fit Pro, con enganche interior de tipo wingtip, mais agora chegan cunha aleta un 20 % máis flexible, pensada para mellorar a adaptación ao ouvido e facelos máis confortables, tamén para quen antes non atopaba cómodo este sistema. O estoxo de carga tamén se reduce un 17 % respecto ao modelo anterior. Ademais, inclúense catro tamaños de almofadas auditivas, fronte aos tres tamaños que viñan cos Fit Pro.
No plano técnico, non hai cambios fronte aos Fit Pro: manteñen o chip de son Apple H1, con cancelación activa de ruÃdo, modo transparencia, ecualización adaptativa e son espacial personalizado. A autonomÃa é de 6 horas coa cancelación de ruÃdo activada (7 se está desactivada), alcanzando as 30 horas totais coa axuda do estoxo. O sistema Fast Fuel ofrece ata unha hora de reprodución cunha carga de cinco minutos.
Como é habitual neste tipo de dispositivos, contan con resistencia á auga e á suor, e son compatibles tanto con iPhone como con dispositivos con Android, aÃnda que, loxicamente, no caso dos dispositivos de Apple poden tirar proveito de posibilidades como o cambio automático entre dispositivos e a invocación de Siri mediante unha orde de voz.
VÃdeo promocional dos auriculares Powerbeats Fit
