Novos auriculares con cancelación de ruído de Sony

mércores, 30 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Os afeccionados á música que queiran poder illarse do ruído que hai ao seu redor poden optar por facerse cos novos auriculares de Sony MDR-NC13, que contan cunha tecnoloxía de cancelación de ruído que é capaz de eliminar ata o 87% do ruído ambiental (aproximadamente 9 dB). Estes auriculares internos inclúen tapóns de 3 tamaños para colocarlle os que mellor se axusten ao ouvido do usuario, ten un cable de metro e medio cun cordón de tipo cadea para o pescozo, a súa tecnoloxía de cancelación de ruído precisa dunha pila alcalina AAA que permite o uso desta prestación ata 100 horas e ten unha unidade de diafragma de 13,5 milímetros. Tamén inclúe un adaptador para permitir o seu uso en avións.
Estes atractivos auriculares xa están á venda nos EE.UU. a un prezo de 69,99 dólares (49,55 euros), descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda en España.

PUBLICIDADE