Novos altofalantes Bluetooth

mércores, 22 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Tanto reprodutores multimedia coma teléfonos móbiles contan en moitos casos con conectividade Bluetooth estéreo, o que normalmente se emprega para aproveitar o equipo musical do coche para escoitar música do noso dispositivo, pero tamén se pode levar a experiencia ao fogar grazas aos altofalantes Acoutic Energy AE29, que están compostos por tres pezas (pois os altofalantes se poden separar da súa base para mellorar a percepción do son estereofónico).
Os altofalantes AE-29 con compatibles con calquera dispositivo con soporte de A2DP e a súa potencia suma un total de 20 vatios. Saen á venda en novembro a un prezo de 220 dólares (uns 172 euros).

PUBLICIDADE