Novos accesorios para celebrar os 20 anos de Xbox

xoves, 7 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Para celebrar o 20º aniversario de Xbox a división de xogos de Microsoft anunciou un par de accesorios que sairán á venda o 15 de novembro para conmemorar este fito.
O produto máis predicible sería o mando sen fíos Xbox Edición especial do 20º aniversario, que contará cun acabado negro translúcido cun interior en cor prata para que poidan apreciarse os seus detalles, á vez que tamén conta cun botón verde para lembrar o primeiro logotipo de Xbox. Esta icónica cor verde tamén estará presente nos agarres traseiros e a redor da cruceta híbrida. Amais, ao conectar este mando a consolas Xbox Series X|S desbloquearase un fondo dinámico exclusivo. Este novo mando terá un prezo de 64,99 euros.
Coa mesma liña de deseño resulta máis sorprendente que se animasen a lanzar uns auriculares estéreo Xbox Edición 20º aniversario, que tamén teñen un acabado negro translúcido cun interior en cor prata para que se vexan os seus detalles interiores, que tamén contará con acentos en cor verde, así como tamén amosará no auricular esquerdo o logotipo do 20º aniversario e no auricular dereito o logotipo de Xbox. Estes auriculares con compatibles co son espacial de Windows Sonic, Dolby Atmos e DTS Headphone:X, e terán un prezo de 64,99 euros.

PUBLICIDADE