Novo tablet francés con Windows 7

xoves, 31 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A compañía francesa Evigroup conta cun novo tablet no seu catálogo de produtos, o SmartPadle, que funciona cun procesador Intel Atom N450 a 1,66 GHz, 2 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento SSD, pantalla multi-táctil de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, saída de vídeo mini-HDMI, 5 portos USB, batería de 4.800 mAh que achega unha autonomía de 5 horas, conectividade Wi-Fi a/b/g, 3G, Bluetooth 2.1, A-GPS, acelerómetro, sensor de luminosidade e software de seguimento da cabeza do usuario de xeito que pode facerse uso do tablet sen tocalo xunto coas tecnoloxías de recoñecemento de escritura e voz que inclúe no seu sistema operativo Windows 7 Home Premium de 32 bits.
Por desgraza, este interesante equipo que inclúe un teclado sen fíos para mellorar a súa versatilidade, ten un prezo de 1.290 euros, polo que limita o seu público potencial.

PUBLICIDADE