Novo eReader de Energy Sistem

luns, 16 de abril do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 14 de xuño Energy Sistem porá á venda un dispositivo semellante a un tablet (pero sen conectividade sen fíos) que dan en chamar Energy Color eReader C8+ Touch Titanium Grey, que pretende servir para a lectura de libros e comics, escoitar música, visualizar fotografías, escoitar radio FM e reproducir vídeos en alta definición na súa pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 600 píxeles (4:3), que venderán por 119 euros.
Este dispositivo con pantalla de cor (LCD e non de tinta electrónica) ten unha memoria interna de 8 Gb ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 16 Gb, soporta ficheiros PDF e ePUB protexidos con DRM, a súa batería achégalle unha autonomía de ata 6 horas de lectura e 4 horas de reprodución de vídeo e conta cunha saída de vídeo para poder ver os seus contidos nun televisor. Cifra as súas medidas en 214 x 165 x 8,5 milímetros e o seu peso en 465 gramos.

O Energy Color eReader CB+ Touch Titanium ten unha pantalla táctil de 8 polgadas

PUBLICIDADE