Novo smartphone económico de Nothing
martes, 29 de abril do 2025
O verán pasado a marca Nothing puxo á venda o CMF Phone 1, o seu primeiro smartphone económico, que destacaba tamén por ter un deseño totalmente distinto a todo o que podiamos ver no mercado, combinando asà unha boa relación calidade-prezo cunha identidade que fixo que tivese unha boa acollida por parte do público.
O éxito deste primeiro smartphone fixo que vaiamos ter agora o CMF Phone 2 Pro, cun prezo lixeiramente superior (249 euros para o modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 279 euros con 256 GB de almacenamento), pero cun detalle que pode sorprender bastante nun teléfono con este rango de prezo: unha terceira cámara con teleobxectivo. Tamén mantén o seu sistema de personalización que facilita engadirlle elementos como un cordón, un tarxeteiro e mesmo obxectivo intercambiables.
O CMF Phone 2 Pro segue a ser un móbil bastante modesto, que funciona cun procesador MediaTek Dimensity 7300 Pro, pantalla AMOLED Full HD+ de 6,77 polgadas cun refresco de 120 Hz e un brillo pico de ata 3.000 nits, NFC, lector de impresións dixitais en pantalla, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts e resistencia IP54, aÃnda que as súas cámaras tamén son algo a ter moi en conta, xa que, aparte dun sensor principal de 50 MpÃxeles, tamén conta cun ultra grande angular de 8 MpÃxeles, un teleobxectivo con zoom óptico 2x (e dixital de 20x) de 50 MpÃxeles e unha cámara frontal de 16 MpÃxeles. Este móbil permite gravar vÃdeo en 4K e os seus sensores de 50 MpÃxeles incorpora estabilización electrónica de imaxe.
Falamos dun produto bastante interesante, que iniciará os seus envÃos aos compradores o 6 de maio, e que na súa oferta de lanzamento inclúe sen cargo adicional uns auriculares sen fÃos CMF Buds 2 valorados en 49,95 euros (que pese ao seu prezo axustado resultan bastante completos, contando con cancelación de ruÃdo e ata 13,5 horas de reprodución musical cunha única carga).
- O CMF Phone 2 ten un deseño moi personalizable