Novo reprodutor multimedia de Apacer
mércores, 10 de febreiro do 2010
Apacer Technology
entrou na competencia dos reprodutores multimedia de alta definición (coma o WD
TV Live HD ou o Asus O!Play) co seu dispositivo AL460, que por
un prezo duns 80 euros permite a reprodución de vÃdeo ata a 1.920 x
1.080 pÃxeles en progresivo, para o que ten saÃda HDMI, de compoñentes e
composto (estes dous últimos mediante un cable adaptador a partires de tomas
con forma de jack), e colle os
contidos a reproducir de dispositivos externos conectados en calquera dos seus
2 portos USB (soportando tanto particións FAT32 coma NTFS) ou dunha rede a
través da súa conexión Fast Ethernet.
O Apacer
AL460 é compatible con multitude de formatos que van dende o DivX
ata o MKV a 1.080p, pasando por WMV, FLV, RMVB, Quicktime e moitos outros
formatos e contedores, de xeito que practicamente reproduce calquera vÃdeo que
poidamos atopar na Internet, soportando tamén subtÃtulos en SRT, SSA, SUB, SMI
e SUB/IDX. Tamén é capaz de reproducir volcados completos de DVD tanto en
cartafol coma nunha imaxe ISO.
Este tipo de trebellos está a gozar de certa popularidade nos últimos meses co
popularización de televisores de alta definición no salón e a reducida oferta
de contidos en HD por canles tradicionais.