Novo reprodutor de MP3 resistente á auga
xoves, 24 de maio do 2007
TwinBird conta no seu catálogo un
reprodutor de MP3 resistente á auga, de xeito que se pode empregar na
ducha, en cociñas ou noutros lugares húmidos sen correr o risco de que a auga o
avarÃe.
O SD Zabady inclúe 128 Mb
de memoria interna, que se pode incrementar mediante tarxetas de memoria SD de
ata 2 Gb, pesa
240 gramos, reproduce ficheiros MP3 e WMA e funciona con pilas AAA que lle
dan unha autonomÃa dunhas 18 horas.
Actualmente véndese no Xapón por 15.750 iens (96,54 euros), podendo resultar
moi atractivo coa chegada do verán, onde as praias e piscinas son lugares onde
a música fai moita compaña e os dispositivos resistentes á auga resultan
evidentemente prácticos.