Novo receptor de TDT con gravación en tarxetas de memoria
mércores, 14 de outubro do 2009
Best Buy amplÃa o
seu catálogo de receptores de Televisión Dixital Terrestre co seu Easy
Home TDT Nano REC, que permite non só captar o sinal televisivo, senón
tamén gravar as transmisións en tarxetas de memoria SD ou SDHC de ata 32 Gb,
conservando elementos coma os subtÃtulos e distintas pistas de audio, á vez que
tamén abre a porta a o uso de prestacións avanzadas coma o TimeShift, que permite facer pausas
en directo (para non perder nada da programación televisiva en caso de
interrupción).
O dispositivo tamén conta cun porto USB dende o que cargar música (MP3), imaxes
(JPEG) e vÃdeos (MPEG-2) dende memorias USB ou discos duros externos. O seu
prezo de venda será de 39,909 euros.