Novo rato táctil redondo de Asus

mércores, 27 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Nunha aposta un tanto arriscada, chega ao mercado o rato Asus WX-DL, que destaca tanto pola súa aparencia redonda como por incorporar unha superficie óptica táctil na liña do Magic Mouse de Apple. Este rato ten un sensor láser cunha sensibilidade de 1.200 puntos por polgada, funciona sen fíos na banda dos 2,4 GHz, é capaz de recoñecer xestos sinxelos, conta con botóns táctiles multimedia na súa parte central e é compatible con sistemas operativos dende Windows 2000 ata Windows 7, estando dispoñible en tendas en liña por 80 dólares (58 euros).
Pese a que as superficies táctiles sexan unha tendencia actual, a forma redonda podería ser un importante atranco para este dispositivo, xa que o seu deseño diferente estaría a xogar na súa contra por ter unha ergonomía claramente deficiente, o que xa demostrou no seu día Apple cos ratos redondos (comercializados cos primeiros iMac), que foron paulatinamente eliminados pola súa incomodidade.

PUBLICIDADE