Novo rato sen fÃos con tecnoloxÃa BlueTrack
venres, 19 de xuño do 2009
O catálogo de
ratos informáticos de Microsoft medra incorporando un novo modelo sen fÃos con
tecnoloxÃa BlueTrack. Trátase do Microsoft
Wireless Mobile 4000, que é un rato de pequeno tamaño (pensando no
seu uso en ordenadores portátiles) que se comunica sen fÃos na banda dos 2,4
GHz (para o que conta cun receptor USB de tamaño minúsculo) e destaca
especialmente por empregar a mencionada tecnoloxÃa óptica BlueTrack (que
permite a precisión dun rato láser, sendo capaz de funcionar sobre case
calquera superficie), ten 4 botóns personalizables, permite o desprazamento en
4 direccións, aproveita Windows Flip para o cambio rápido de aplicacións en
Windows 7 con só premer un botón e a súa autonomÃa permÃtelle funcionar durante
10 meses cunha única pila alkalina AA.
O rato é compatible con Mac e Windows, terá unha ampla gama de cores
dispoñibles e chegará
ás tendas en agosto cun prezo de 39 euros.
- O rato porase á venda en distintas cores