Novo rato Wi-Fi de HP con tecla para Facebook

mércores, 16 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O HP WiFi Touch Mouse X7000 é un rato sen fíos que non precisa dun receptor USB para comunicarse co ordenador portátil porque aproveita a propia conectividade Wi-Fi do equipo para tal fin (sen precisar dun punto de acceso común), que conta cunha zona táctil para realizar desprazamentos, presume dunha autonomía de 9 meses (o dobre que un rato Bluetooth), funciona baixo Windows 7 e conta con 6 botóns programables, dos que un estaría dedicado a Facebook e, como principal defecto había que destacar a súa ergonomía, que pese a ser bastante boa, non resulta apta para xergos. Nos EE.UU. xa está dispoñible por 59,99 dólares (44,63 euros).

PUBLICIDADE