Novo proxector DLP con capacidades 3D de Optoma

mércores, 20 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Para os que buscan un proxector de vídeo cunha boa relación entre prestacións e prezo poden ter en conta agora o novo Optoma DX330, que cun prezo de 439 euros ofrece un brillo de 2.800 lumenes ANSI e un contraste de 13.000:1, tecnoloxía DLP, lámpada cunha vida de ata 10.000 horas (dependo do seu modo de uso) e mesmo compatibilidade con 3D (aceptando sinais de Blu-ray, PS3, Xbox 360 e practicamente calquera fonte de vídeo estereoscópico estándar).
Este proxector DLP ten unha resolución nativa de 1.024 x 768 píxeles, pode xerar unha imaxe de 4:3 cunha diagonal de entre 0,69 e 7,62 metros (unhas 300 polgadas) a distancias de entre 1,2 e 12 metros, conta con entradas HDMI, VGA, S-Video, vídeo composto e audio, mide 316 x 224 x 124 milímetros e pesa 2,21 quilogramos.

O Optoma DX330 ten unha boa conectividade

PUBLICIDADE