Novo proxector 4K de LG con modo cinematográfico
luns, 31 de agosto do 2020
LG vai levar á edición virtual da IFA de BerlÃn que terá
lugar nos vindeiros dÃas o seu novo proxector
LG CineBeam 4K UHD Laser modelo HU810P, que promete unha experiencia
cinematográfica no fogar ao ser capaz de proxectar imaxes cunha resolución de
3.840 x 2.160 pÃxeles a un tamaño de até 300 polgadas e cun brillo de 2.700
lumenes ANSI, á vez que mantén unha vida bastante boa (unhas 20.000 horas).
Este proxector, con soporte dos formatos HDR máis populares, é apto para
estancias escuras ou luminosas, e non só ofrece unha experiencia cinematográfica
polo tamaño e a resolución da imaxe que proxecta, senón tamén por contar cun
modo cinematográfico que mantén a velocidade de refresco nos 24 Hz, respectando
asà o número de fotogramas orixinais das producións para pantalla grande, aÃnda
que os que prefiran gozar de imaxes de alta velocidade tamén poden activar o
modo TruMotion.
O proxector pode recibir contidos por HDMI 2.1, conta con conectividade WiSA e
Bluetooth para audio sen fÃos (bo complemente aos seus altofalantes estéreo de 5
watts cada un) e, como vén ser habitual nos proxectores de LG modernos, funciona
con webOS 5.0, de xeito que conta con aplicacións de vÃdeo baixo demanda como
YouTube, Netflix ou Disney+, e tamén é compatible con Apple AirPlay 2 e coa
funcionalidade de Screen Share pode presentar ao grande as imaxes do noso
smartphone ou tableta.