Novo portátil Vaio cunha autonomía de 11,5 horas

luns, 6 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os discos duros nos ordenadores portátiles parecen ter os días contados, cando menos nos equipos que pretenden utilizarse desconectados da corrente, pois o consumo dos discos de estado sólido (SSD) teñen un consumo moi inferior (aínda que a súa capacidade é máis reducida) e así xa anuncian novos portátiles con autonomías impresionantes coma o Sony Vaio TZ18GN, que é o primeiro equipo desta gama en incorporar unha unidade de almacenamento SSD o que lle permitiría unha autonomía de 11 horas e media.
O novo portátil conta cun disco duro de 32 Gb, unha pantalla de 11,1 polgadas, 1,2 quilogramos de peso e unhas dimensións bastante reducidas (22,7 x 2,25 x 19,8 cm.) converténdose nun equipo que combina as posibilidades dun ordenador completo cunha autonomía moi atractiva.

PUBLICIDADE