Novo número da revista O Barbanza

xoves, 20 de febreiro do 2020 Redacción

A nosa publicación mensual O Barbanza chega nesta ocasión ao seu número 9 e pódese conseguir na comarca barbancesa e consultar en formato dixital na súa páxina web. O Entroido é o protagonista desta publicación gratuíta que aumenta a súa zona de cobertura desde este número e se reparte, amais de en Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, en Dodro e Porto do Son A partir do vindeiro número tamén chegará a Noia, Serra de Outes e Lousame aumentando con iso a súa tiraxe que actualmente é de 7.000 exemplares.

Este número de febreiro trae un amplo resumo dos actos que teñen lugar nos concellos co gallo do Entroido sen esquecer a Ulla e Vedra. Amais tratamos a teleformación do galego e falamos co concelleiro de Cultura de O Son.

PUBLICIDADE